MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

domingo, 8 de mayo de 2016

SAÍDA A FUNDACION MARIA JOSE JOVE E VISITAS ESPECIAIS ...

Xa o sabedes: encántanos o arte.

De cando en vez, e cando as condicións nolo permite, collemos o bus e imos de visita a ises lugares fermosos onde gargan con moito agarimo as obras dos pintores. 

A profe cada día está máis orgullosa de nós, xa que unha das  nenas foi capaz de atopar mentres paseabamos sen dicirlle nada, un cadro de Miró ... tan só polas formas e polas cores. ABRAIANTE !! ¡Se o vimos o ano pasado !

A verdade que a profe nunca estivera na Funfación, pero aínda que o MAC lle gusta moito, este museo é espectacular, e a profe do museo que nos tocou, un encanto. Nunca nos chega o tempo a nada para poder disfrutar dos cadros. 

O que máis nos gustou deste museo foi que puidemos tocar, entrando nunha obra de arte que semellaba un bosque ... un pequeno pasadizo a un mundo de duendes e maxia. 


Tamén esta escultura resultounos super chula, pois a medida que avanzaba a roda- roda e nos moviamos, eramos capaces de ver nos espellos os zapatos do compañeiro que ía moi adiante nosa. 

¡Que artista a quen se lle ocorreu! 

Tamen gustounos este cadro que parece que estase a fundir no chan. Nada como contemplar unha obra comodamente sin que ninguen che rife ....



¿E que fai aquí chantada no medio unha bico de mármore ? deixáronola tocar, pero 
NON PROBAR. 



E finalemente, .... coma sempre.... aprender facendo. Para ser un gran artista, mans á obra!  




PRÓXIMA PARADA ...O 25 DE MAIO EN BELAS ARTES ...

E as sorpresas non teñen parada ...

Coa entrada ao tema do corpo e do deporte, aqueles papás ou mamás con ganas, e boa disposición horaria, puxéronse en contacto coas profes para desenvolver varios días unhas pequenas xornadas de coñecemento. 

Nun cole tan gran coma o noso, todo semella unha gran labor de organización, somos moitos, os espazos escasos, pero coa boa vontade de outros profes e o equipo directivo, que nos cederon os lugares, logramos estas visitas:

CHEGAN AS ENFERMEIRAS DA CLASE DOS ELEFANTES 

Xenial o trato e a delicadeza de tódolos contidos que trataton cos nenos...Dende como preparar a alguen para o quirófano, como sacar un pouco o medo das agullas... Troxeron á aula de contos un verdadeiro hospital e moito material que nos deixaron para as aulas. E Román, que semella que non lle ten medo a nada, ofreceuse voluntario para que lle fixeran de todo...ata tal punto, que case queda durmido (ou sedado de verdade) Estaba tan agustiño, que se lle caían os ollos. A súa irmá Elisa, da aula das formigas o miraba cun pouco de medo, mentres as profes escachabamos da risa vendo como cabeceaba do sono. 


Mans levantadas para subir a probar unha vendaxe 


Mamás,  e  traballadoras nunha profesión de tanta responsabilidade. Grazas e noraboa!  



Outro día chegou o contacontos ... e transformou a Martin "Ri" nun lobiño bo. O seu tio, o lobo malo, quería facer del un "lobo de verdade", mais a Martín gustábanlle as "paparruchadas" : facerlle debuxos á mestra, cociñar ..e sobre todo, non asustar e axudar ás caperuchiñas. 

Aínda que a profe Miry tense que facer cunha cámara nova, porque estas lle fallan... adiviñades quen é a súa Caperuchiña vermella ? 






Outro día no que rematamos cansadísimos: A VISITA DO EQUIPO DE SALVAMENTO DE ARTEIXO

NA CLASE TEÓRICA ...

EXPLICÁRONNOS AQUELO QUE OS PAPÁS LLE CHAMADES CACA ... fíxonos moita gracia este profe do equipo de salvamento. Estes productos ademáis de productos caca, dixo que se lle chaman productos TÓXICOS. Moi importante para a nosa seguridade.

Tamen explicáronnos con videos os perigos da cociña, do baño... e por suposto o comportamento que temos que ter na praia para bañarnos, e as correntes perigosas polas que non debemos meternos. Por iso hai zonas das praias acotadas e explicáronnos pola forma das olas como identificar eses sitios perigosos. 



Logo fomos ao pavillon, que moi xenerosamente deixou a profe Sonia e o profe Jose Antonio, dous dos Profes de educación Física do cole.

Mirade que prendimos a facer ...

ESTACIÓN 1. Salvar a unha persoa

paso 1. facerlle cóxegas para ver se desperta
paso 2. escoitar se respira
paso 3. pousar as mans no peito e apretar ao ritmo da canción ESTABA EL COCOCDRILO, Y EL ORANGUTAN, TRES PEQUEÑAS SERPIENTES Y EL ÁGUILA REAL ...
paso 4. soplar forte na boca da persoa a salvar

a profe sacou videos. O FIXERON XENIAL !!!



ESTACIÓN 2.

TIRO DE CORDA POR GRUPOS...MENUDAS CAIDAS DE CÚ...FOI MOI SIMPÁTICO.


ESTACIÓN 3.

ARNÉS DE SALVANTO E CARREIRA A DOUS,  ATA CHEGAR AO BANCO.



ESTACIÓN 4. 

AO MÁIS ESTILO "VIGILANTES DE LA PLAYA" ... CABEZAS REPOSADAS, E AO SINAL, XIRASE, LEVANTARSE E A CORRER POLA BANDEIRIÑA. 



ESTACIÓN 5. 

COMO A CANCIÓN  DOS BEACH BOYS ... SURFING    U.S.A.






DENDE AQUÍ, DAR A MIÑA NORABOA E EXPRESAR A MIÑA GRATITUDE A ESTE GRUPO DE PROFESIONAIS, QUE ADEMÁIS DE TRATAR AOS NENOS CON MOITO CARIÑO, OS FIXERON PASAR UNHA MAÑÁ PRECIOSA, CUNHAS ACTIVIDADES SOPRENDENTEMENTE ADAPTADAS Á SÚA IDADE.

¡¡ UNS VERDADEIROS MAESTROS   !! 

E AS GRAZAS, POR SER OUTRA PROFESIÓN DE RISCO E DE SALVAGARDA DAS NOSAS VIDAS. 


Rematamos a semana do primeiro de maio ca última das ponencias, de man das 

ESCOLAS DEPOSTIVAS DE ARTEIXO. 


Explicáronnos xa moitas das cousas que veremos no tema dos deportes, e nos deixaron esta escena super graciosa de Yago deixándose poñer o arnés de escalada. 


Tamén Nai sorprendeu á súa profe Miry, poñendo o uniforme do seu  deporte favorito e do que cando pode, é deportista: un kimono (judogi) de JUDO.  

Foi un momento moi importante para ela, pois o judo á profe Miry aportoulle moitas cousas bonitas na súa vida.   



¿CAL SERÁ A SEGUINTE SORPRESA? seguide o blog de aquí a finais de xuño ...



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.