MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

domingo, 8 de mayo de 2016

ENTROIDO 2016

Rematando  case o proxecto dos castelos, chega a hora de disfrazarse.

Pero claro...temos "un pequeno problema", e é que o cole ten como temática a CHINA.

As profes non o pensan máis, e dado que o Medievo tamen foi unha época moi importante no lonxano  Oriente, deciden esa semana falarnos xa non de castelos, senon palacios, e así pasamos pola India a ver o Tah Mahal, e por suposto por Xapón e China, coas súas cores vivas e fermosas formas nas construccións das casas dos señores feudais.

Deixamos de ser damas e cabaleiros para transformarnos en Emperadores e Emperatrices ... con rasgos de guereiros e guerreiras samurais.

¡Fermosas katanas as elaboradas polos papis e mamis! Cun pouco de axuda, as profes conseguen sempre vestirnos super guapos para esta ocasión na que o tempo acompañou e fixemos un percorrido polo pobo.

Gracias por axudar familias.

Velaquí a maxia da tecnoloxía .... de Arteixo a Xapón cun "click"






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.