MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

viernes, 18 de diciembre de 2015

UN FINAL DE TOLOS EN NADAL, AÍNDA QUEDA MOITO POR TRABALLAR...


Sen prisa pero sen pausa, ...non.....sen pausa pero sen prisa ...Non, tampouco ! este "fora do comun" mes de Nadal, con calor...vento raro, sen chover, con follas aínda nas árbores,  cóllenos case desprevenidos !! Case non nos deu tempo nin de percibir o cambio de estación. Xa explicamos que se trata da Terra, que está protestando por toda a cochinada que o ser humano bota ao aire , e que iso fai estar o tempo revolto. Un pouco difícil falar de neve, de Olaf... é o que toca por calendario, pero non por sensación térmica. 

A pesar diso, nós, as abellas, finalizamos con novembro o cadro de outono, cas follas caendo, porque bueno, aínda iso o percibimos no patio, onde seguimos a regalar ás profes ramiños de follas caídas. 


E así de soíños e co material a man, nos preparamos para pintar o verde do campo, e logo con bastonciños de algodon as follas ...xa veredes que chulo ao rematar o curso

Outra actividades simpatiquisima foi velos intentar escribir o nome ao máis puro Cervantes ! A Yago non lle sae nada mal. Seguimos así controlando o uso da pinza correctamente, Todo truco vale, os bastonciños, a pluma de paxaro... (do chino...tranquilos).

Versionando o cadro do Cabaleiro coa Man no peito...logo dunha sesion ligüística onde analizamos coa profe Ruth cores, a cara do señor , que cadramos todos que moi alegre non era ... 

Aqui a profe Ruth propuxo unha actividade de estimación cunha balanza feita por ela, con madeira. Mirade que chula! E así nos puxemos a pesar cousas de clase, e tamén a medir con pasos e coas nosas mans, e rexistralo con raíñas ! 

Aquí en casiña, o obradoiro vai ser de intentar facer unhas tazas de barro ! Daquela non bebian en cristal nos castelos...e a xente que vivia no patio de armas, adicábase a este tipo de traballo, para ter pratos e outros utensilios... Aló atrás en construs, intentarán facer dende un plano un castelo con pezas en 3 D, empregando prismas, cilindros, algunha ponte....

Tiven que rexistrar a cara de Lina nesta entrada. É super significativa. ¿A profe está de broma? Escribir con isto ? 

Proba superanda de Yago. Alba o mira ríndose, e Lina creo que xa pensando que sí se pode. 

Otra aventura será facer algo cunha pataca...ou PATACON, como dixemos na clase.... ¿qué será? 

As nosas portadas invernáis...dos nosos dedos estampados , e de novo os copiños coa técnica do bastonciño. A superficie empregamos o pincel, pero desta volta, golpeando as cerdas para facer outro efecto, e para fortalecer os braciños e as mans. 

Sorpresa da pataca !! Unha postal ? a onde irá? Cando traballo...sobre todo escribir as direccións como valentes nos sobres ! Bravos chicos ! O carteiro do pobo vai estar moi contento con vós ! 

Mirade que adianto nos fai Roi das árbores ...

E isto seguro que xa sabedes o que son...porque de seguro que xa colaborastes coa postal solidaria do Concello . Quedaron super bonitas !! De novo co bastonciño 

Mirade Daniela que concentrada estaba facéndoa ! 





















E así...con moito traballiño, chegamos ao remate, á traca final ...


Aquí podedes ver un obradoiro de recorte de xoguetes, e é que os Reis están a piques de chegar á escola !

Frozen, Peppa Pig,  patrulla canina, tractores, globos terrestres, telescopios, pasapalabra.... Algúns verdadeiramente sorprendentes !

E chegou o día, o dia 17 de Nadal... Cerramos os ollos coa nosa carta pechada ....

Imaxinamos o que queremos que nos traian, e ademáis de levar os recortes dentro, se dalgo nos olvidamos ....

Como son tan tan magos, vannos a ler a mente a través da nosa carta. Queridos REYES... Yo quiero .....

Cartas arriba ! Nos marchamos al gimnasio a verlos !!! 

Unha carta a cambio duns carameliños ..sen nervios e sen choros. 

Y la foto con SS.MM los reyes Magos de Oriente... Algunos no podían evitar mirar hacia atrás 

FELIZ NAVIDAD                                BO NADAL                    MERRY CHRISTMAS 






















NESTE ANO QUE CHEGA, DESEXAMOS SEMPRE VOLVER A DESPRENDER TANTO CARIÑO E AMOR COMA SEMPRE



SOMOS A ESPERANZA DUN MUNDO XUSTO E NOBLE, ONDE A CONVIVENCIA NUN MUNDO SOLIDARIO E EN PAZ SEXA A ESTRELA  QUE NOS GUÍE 







A porta da clase das abellas  cérrase para rematar un ano cheo de cambios positivos, de alegría, de penas, de amor, de comprensión, de aprendizaxe individual e colectiva ... pero con soños

Soños que se abrirán en 2016 como portas ... coma sendeiros aínda descoñecidos ... e fiestras abertas para respirar aire novo e aire de esperanza, como cada ano que comeza tras as 12 badaladas da Porta do Sol ....



2016 .... un ano para mirar horizontes novos a través das fiestras máis preciadas,  
que son os nosos ollos, 

e sobre todo, a través dos ollos dun neno ou dunha nena, onde todo é posible.


FELIZ         NAVIDAD               Y           FELIZ       AÑO      NUEVO     2016 



KEEP     CALM

Y QUE LA FUERZA NOS ACOMPAÑE 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.