MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

sábado, 7 de noviembre de 2015

ENTRE BRUXAS E FANTASMÍNS, ASÍ PASOU SAMAÍN


Benvidos á festividade máis terroríficamente divertida do ano. 

Este curso, e aproveitando a temática dos castelos, o noso disfraz foi unha personaxe mítica deles cando están encantados: a pantasma !!

O tempo de Samaín, lembra as raíces ancestrais celtas, cando para os nosos castrexos remataba o tempo de recolleitar os productos do campo e autoabastecerse para a chegada do tempo escuro e o fin do ano. Esta época escura, daba lugar ás crenzas de que os espíritos dos antepasados voltaban para visitar aos seus, por iso, unha candea permanecía acesa toda a noite de SAMAÍN dentro das casas, para ensinar aos mortos o camiño de ida aos seus antigos fogares. Gran analoxía a do lume, xa que os druidas celtas, se conta que acedían un facho sagrado que repartían casa a casa para prender como lume novo nos fogares. O novo lume sería o do solsticio de verán...o que chega aos nosos días como San Xoán, ou lume de meigas, polo que a mitoloxía, as lendas e a simboloxía destas festividades, pertencen ao que somos. Por iso, debemos facer aos pequenos partícipes non tanto de HALLOWEEN, senon de ensinar pouco a pouco a pertenza que hai a través desta festa. É verdade que o Halloween causa furor, pero en Samaín está unha parte de herdanza celta, e desa raíz nace All Hallows´ Eve (ou víspera de tódolos santos) ... pero iso xa é unha historia para os "teachers". 



Tamén se deixaban froitos secos para "alimentar as súas ánimas" nesa visita nocturna, e por iso a castaña simboliza o "froito da morte" ,  que tamen conta coa analoxía da morte da colleita e do ciclo natural á que fauna e flora estamos sometidos. 


A fusión de tradicións e festas doutros paises, fainos estar un pouco perdidos nesta festividade que aparentemente é nova e importada, pero que na zona de Cedeira leva instaurada dende fai moito, moito tempo.

O  medo é unha das emocións máis interesantes a traballar en calquera etapa, e máxime en infantil, polo estadio cognitivo no que se atopan. A fantasía e as elocubracións forman parte dun pensamento que nós non podemos evitar, nin por omitir as temáticas nin por restarlles importancia. É máis, síntense máis seguros, canto máis validemos esa emoción neles. - Semella que se lles falamos do medo, parece que teñen máis ¿non profe?- Alguen me dicía de vós. A verdade que é porque o máis innato de nós é verbalizado en conxunto, e o pensamento faise vivencia a través da fala. O medo é o máis primitivo dos sentimento, xa que forma parte do instinto de supervivencia. Os pequenos non entenden da irrealidade, porque todo o que hai o seu arredor, é real. Por iso, que o medo hai que falalo, e xestionalo con moita paciencia, cariño e comprensión... E PORQUE NON, UN POUCO DE LOUCURA, COMO LOGO VOS CONTAREI!!

A ACTITUDE FRONTE O MEDO: A FORTALEZA

  

Non por falar dos medos, os medos non están aí, máis cando se verbalizan, máxime en grupo, acontece que nas aulas afloran sentimentos. Non é unha vergoña ter medo, forma parte do autocoñecemento e a formación da personalidade saber qué cousas me provocan pavor, e como xestionar e deter ese sentimento.  Todo isto se consigue medrando, facerse con experiencias que axuden a ir, pouco a pouco, dándolle explicación ás cousas...


A profe lles ten contado en moitas ocasións que de pequena tamen tiña medos, e iso os fai sentir seguros porque se sinten identificados, e darlles trucos,  como cantar, falar en alto, dicir rimas máxicas, cerrra os ollos e imaxinar cousas bonitas, a nosa cor favorita ...potencian a imaxinación a xudan a xestionar esa emoción. 

Quizáis, unhas das actividades máis chulas desta época foi facer a PIRUARAÑA DE CHOCO, EL FANTASMA DULZÓN E A PÓCIMA SECRETA DA BRUXA...NOS RIMOS MOITO, MOITO !!

PARA ISO, DEBEDES BUSCAR A ENTRADA POR FILOSOFIA DE PENSAMENTO PARA NENOS ...

O día de samaín no colexio, as profes Miry e Rut fixeron un obradoiro de maquillaxe: mirade que mediño damos !!









E aló fomos disfrazados a meter medo polo cole adiante...



 O " peor" ... (o gracioso) chegou despois. Chegamos a clase, e aínda non sabemos a conto de que, a porta abriuse...Quedamos todos coa boca aberta. Tamén houbo un ruido un pouco estraño. Cabaciñas non podía ser... xa que non había rastro del neses días.... Probablemente era a BRUXA CANTARUXA ...que quería unirse á festa. Coa ventá aberta da clase tan só podía ser unha cousa. Se fxera invisible para unirse á festa! Así que a profe Miry, que non quere bruxas na escola, e ao ver ás súas pequenas abellas tan asustadas, encheuse de valor, e a pesar de estar ela disfrazada xa de bruxa, colleu COUSAS DO PROXECTO QUE TROUXERON OS PAPAS E MAMAS: o casco que Sara trouxo, o escudo de madeira que Sara trouxo e a espada Excalibur que nos deixou Cabaciñas !! E así nos dixo: CHICOS!!! NO TEMÁIS...YO, LA VALIENTE PROFE MIRY PINCHARÉ EL CULO DE LA BRUJA EN EL PASILLO PARA QUE NO VUELVA NUNCA MÁS... RUT, TE DEJO A CARGO DE LA CLASE... A POR ELLA!! TODOS DEBAJO DE LAS MESAS !!!

Foi moi divertido ver como todos estaban cos ollos super abertos, e se meteron (algun escachando da risa) debaixo da mesa...

Profe Miry cerrou a porta, e chea de valor, loitou coa BRUXA fora, se escoitaba como a empuxaba contra a porta de clase. Cando voltei, cheguei un pouco "mareada" por un "perrete máxico" que me botara a bruxa, pero lle gañei. Todos sairon das súas escondites, e vitorearon á valente profe Miry. PERO ESTÁS BIEN PROFE? - Dicía Efrén... - Profe Miry, -dijo Rut-.....aquí me dijeron durante tu batalla y desde abajo de la mesa: - PROFE RUT, RESISTE !!! Estivo moi moi simpático, xa que a profe Rut tamen se puxo outro casco, outra lanza e outro escudo, e ademáis foi unha lección de roles de xénero, xa que aquel día aprendimos, que as chicas TAMÉN SOMOS GUERREIRAS !!! e podemos poñer un casco, unha espada, un escudo ...e non ser sólo princesas. 

(a continuación: párrafo de lectura só para mamás e papás, por posible SPOILER) 

E sobre o tema da fabulación, explicarei máis sobre a súa importancia na entrada do proxecto, xa que é importante que colaboredes en "facer crer". "Iso non existe, iso non é verdade ... iso o levou a profe non o trouxo Cabaciñas"... (me están contando os peques que alguén dixo por aí). Considero, do mesmo xeito que XAMAIS lles revelaredes a MAXIA do que acontece co Señor NOEL OU DOS REIS,  que colaboredes co que na escola estamos a facer, porque a motivación é fundamental para aprender. Sen emoción e motivación, a aprendizaxe non existe, ou é máis meceredeira. E FABULAR forma parte do seu estadio cognitivo. Non por evitarlles imaxinar, os ides a facer máis maiores ou máis maduros. A madurez cognitiva e a creatividade,  dependen moito do factor fabulación nesta etapa.  É como medrar ...ou caer un dente ... ten que pasar así, porque pertence ao feito de medrar (neste caso, a nivel cognitivo).

DANDO MEDITO, DESPOIS DA BATALLA DA PROFE MIRY COA BRUXA

E ISTE É O APERITIVO DO PHOTOCALL DE SAMAÍN... 

EN NADAL,. O RESTO NOS PINCHOS! 

ESTOS ANXIÑOS NON DAN MEDO NINGÚN !!







¡¡ DOCES SOÑOS !!       SWEET DREAMS


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.