MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

martes, 3 de noviembre de 2015

Á espera de ordenador .....

Ola a todos e todas!
Esta mensaxe é escrita dende outros mecanismos tecnolóxicos. Quedei sen ordenador ata quizáis a fin de semana.  Estou desexando poder facer pronto unha nova gran entrada onde vos conte as últimas fazañas. O pasamos xenial antes desta ponte!
Gracias a todos os que colaborastes no reto e chegáchedes a tempo durante esa semana. Aqueles que chegaron antes a casa contándoo logo de que eu insistira na clase que tiñan que mirar o blogue, o fixeron xenial.... as respostas SUPER CORRECTAS...

Por outro lado, non podía esperar máis para darvos a NORABOA  e as GRAZAS pola cantidade de cousas que me estades a enviar para o proxecto. Os cativos me dín ilusionados que o fan con vós, que o pasan moi ben.... temos xa grandes exemplos de que con moi pouco, podedes facer felices aos nenos e aportando grandea doses de paciencia e dedicación: un carton, unhas pinturas, pegamento, unha caixa de zapatos, celofán..... as pegadas dos peques escribindo as suas primeiras palabras significativas. Vexo cousas super creativas.... e outras tantas que teñen unhas compoñentes esenciais: o valor do esforzo e da participacion. Estou moi feliz de poder contar convosco. Traballar así é un regalo, de verdade. Case non teño onde poñer as cousas asi que imos empezar a decorar fora o corredor pouco a pouco!

Por outra banda, lembrade ter os colgadores en orde xa que o 11 deste mes imos de excursión....Se alguen o perdeu ou o ten deteriorado, que mo faga saber.

En canto ás titorias, houbo xente rápida que xa me pediu hai tempo, e os espazos estan xa cubertos neste trimestre. Parece mentira, pero cadraron bastantes luns festivos...inclusive de decembro. Así que vos convido a avisarme aqueles que precisedes á volta de Nadal para organizar titorias no segundo trimestre. Xa vedes que o tempo voa.

Pola miña parte, nada máis ate que poda subir fotos con explicacions a traves do meu PC...e quen sabe se de novo con algún reto 😉

Convídovos a todos a continuar así... non sabedes os folgos que dá saber que hai axuda tras cada nen@. Non é a excelencia do traballo enviado, que tamén o conseguides xa que hai verdadeiras cucadas,....senón colaborar entre todos co que se poda e co tempo que cada un dispoña.

Unha aperta

A profe Miry

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.