MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

domingo, 18 de octubre de 2015

PARA MAMÁS E PAPÁS...¿QUE SON OS PROXECTOS?

En moitas ocasións se fala agora do traballo por proxectos nas escolas. Trátanse de xiros metodolóxicos que escapan un pouco dos sistemas tradicionais de ensino - aprendizaxe. Aclaremos para comezar que "o proxecto dos castelos" non se trata per se dun proxecto. Digamos que para ser un proxecto, a temática deberá xurdir dos alumnos a través dun suceso nas súas vidas, unha pregunta, una noticia do xornal que lles inquede...Cando un interese xurde dun mesmo, dicimos que a motivación é intrínseca, sae dun...e digamos que as forzas e o empeño que se pon sobre o tema é maior que se a temática é imposta.
 
A temática dos castelos, para ser puristas, non sería un traballo por proxectos senon un traballo dende un CENTRO DE INTERESE...porque o noso corredor do colexio ten unha porta en forma de Castelo e dende aí se escolleu unha temática moi interesante e que da moitísimo xogo (de aí que vaia a durar máis dun trimestre). Neste caso, a motivación vén dende fora, polo que o gran traballo de xerar o mesmo interese que se a temática saira dun neno, recae sobre as mestras. Digamos que transformamos un centro de interese inicial nun proxecto, no momento que comezan a xurdir ideas e cuestións nos propios alumnos.


Para comezar, os proxectos teñen tres funcións: investigar e aprender a investigar, experimentar (con todo o que esto conleva: pensar, manipular...) e sobre todo vivenciar para emocionarse aprendendo.
Xa o dician Benxamin Flanklin, científico norteamericano:

Dimo, e  o olvidarei, enséñamo e o recordarei, involúcrame e o aprenderei.
A gran ventaxa desta aprendizaxe é que se aprende de xeito interdisciplinar: isto é, de todo e de tódalas áreas. A aprendizaxe en Infantil é así..é imposible romper en parcelas o coñecemento. Dise que a aprendizaxe é global, e nisto, un proxecto, un centro de interese... é o mellor dos sistema de apoio á aprendizaxe xa que, se nos paramos a pensar xa non nos Castelos, senon no contexto histórico no que se atopan, as temáticas poden ser diversas: números e dimensións na época, tipo de sociedade e relación sociais entre as diferentes personaxes, profesións, experimentos e inventos da época, comparar tipos de vida de antes e de agora e empezar a traballar o pensamento dos nenos no presente e no pasado (por suposto tamen a nivel de linguaxe) , tipo de escritura, como falaban, que tipo de música había... tipo de arte, tipo de vestimenta.... LETRAS, NÚMEROS,  ARTE, CONSTRUCCIÓNS, DRAMATIZACIÓN DE DIALÓGOS, MEMORIZACIÓN DE CANTIGAS DE AMIGO, DANZA MEDIEVAL, .... Imaxinar que nos movemos no tempo e que podemos descubrir unha época distinta que nos fixo chegar ata aquí... Parece alonxado das posibilidades dos nenos de 4-5 anos ... pero queda por descubrir o máis importante: ATE ONDE NOS VAN A SORPRENDER ELES.
 
QUÉ ACONTECEU NA CLASE NESTES DÍAS:
 
1. A VISITA. (o centro de motivación...comeza o espectáculo da aprendizaxe)
 
Unha personaxe, de momento invisible, o BUFON CABACIÑAS, entrou no corredor do noso cole logo de entrar pola fiestra da aula e deixarnos una carta que ulía a chamuscado (e que nos fixo moita gracia) e unha espada ... e por suposto, unas pegadas de cor verde. Aínda non descubrimos se pisou algún tarro da nosa témpera. (ESE DÍA FOI UN DIA DE RISAS PARA AS PROFES E DE EMOCIÓN PARA ELES, POR TÓDALAS CÁBALAS QUE FACÍAN SOBRE O ACONTECIDO).
 
2. COMEZAN A SAIR AS CHAMADAS IDEAS PREVIAS.
 
Son o conxunto de ideas que os vosos fillos e fillas teñen preconcebidas sobre a temática ...Neste paso, facemos unha recollida de palabras que logo nos servirán para organizar en esquemas de coñecemento.

Na nosa aula de momento, a listaxe foi así cando lles puxen a imaxe dun Castelo especial:

MORCEGO
COCO
PRINCESA/ PRÍNCIPE
RAIÑA/ REI
VAMPIRO
BRUXA / BRUXO
ARMADURA
TEMPLARIO (esta deixounos locas á profe Rut e á profe Miry)
SINAIS QUE INDICAN O CASTILLO (referíanse aos carteis que indican a modo de frecha a dirección do Castelo)
TORRE
CABALEIRO
CASCO
FANTASMA DAS ÁRBORES
GARDAS
CABALOS
CANS DO CASTELO
MAPA

 
3. XURDEN PREGUNTAS, DESEXOS E AFLORA A TEMÁTICA DOS MEDOS...
 
Hai cousas das que non estamos seguros...todo é incertudume (chamámoslle "a chispa" que encende o ánimo de querer saber). Tamén os apuntamos. Tamén nos demos conta que ademáis de personaxes reais, aparecen para eles personaxes que forman parte de medos e que incluso ao nomealos se dín con medo. Isto nos indica que teremos que traballar certas emocións.
 
4. FASE DE BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN OU ELABORACIÓN DE MATERIAL:
 
Ista é na que vos necesitamos a vós, ÁS FAMILIAS... XA LLE DEDICAREI UNHA ENTRADA A PARTE.
 
5. TRABALLOS DE EXPOSICIÓN, COLABORACIÓN...

* Cóntase en colectivo o atopado
* XÉRANSE  HIPÓTESES
* EXPERIMÉNTASE
* ORGANÍZANSE AS IDEAS PREVIAS E SE PULEN AINDA MÁIS
* TRABALLOS DE IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE
* TRABALLOS DE LINGUAXE, ESCRITURA...
* TRABALLOS DE LÓXICA- MATEMÁTICA
* TRABALLOS DE EXPERIENCIAS
*  TRABALLOS DE ARTE
*  AQUELOUTROS A ONDE A IMAXINACIÓN NOS LEVE !!

6. NOVO ESQUEMA DE COÑECEMENTOS NOVOS (FASE EXPERTO)


7. PUNTO E A PARTE DO PROXECTO . AVALIACIÓN FINAL ... ¿QUE FOI O QUE APRENDIMOS?


O traballo por proxectos é laborioso: para as profes pola cantidade de ideas que se xeneran, por pódelas organizar en espazo, tempo e materiais... porque así individualizamos o ensino das propias aulas,  pero tamén para as casas, cando se vos pide axuda. O sabemos ... pero a verdade que é máxico, e o que se aprende é permanente no tempo.

Gracias por colaborar...COMEZA A VIAXE NO TEMPO !!



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.