MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

domingo, 18 de octubre de 2015

A NOTA DA CASA: QUÉ É O QUE QUEREMOS DE VÓS?


 
Logo deste parón, e por necesidade das cousas o tempo, antes de contarvos o acontecido neste mes de clase, vexo prioritario falarvos un pouco máis da nota dos proxectos enviada o venres.
 
Na titoria do 9 de setembro, non me centrei en falar disto (meteodoloxía dun proxecto), xa que os puntos a tratar eran varios, e sobre todo de carácter organizativo de centro... Máis como vos prometerá daquela, aquí van as puntualizacións, ou explicacións sobre cómo  podedes colaborar, pois sei que isto soe ser campo de dúbidas.

1. TEMPORALIZACIÓN. ¿PARA CANDO, PROFE?

Puxen "dende xa" na nota, pero sen agobios. A resposta exacta é: para cando cada un de vós (familia) poda. Estaremos con esta temática ate case febreiro. Claro que non podemos esperar tanto, xa que necesitamos material co que poder traballar.  Pero a partir de dentro de 1 semana ...podedes ir aportando pouco a pouco.
 
Prefiro que lle adiquedes un pouco máis de tempo, que entregar o que sexa rápido e "por cumprir", que se agradece igualmente xa que calquer esforzó é positivo, pero non é a ideal real. A idea é que pasedes un rato cos vosos nenos, e o que se faga sexa lúdico, tan lúdico que cheguen a clase cunhas ganas espantosas de contárnolo a todos. Será a vosa oportunidade de que vos falen do cole, do que fan e do que saben, xa que de repente, vós sodes outra canle de motivación e de axuda para as cousas do cole. Estaredes de repente metidos como un máis dentro da aula e de seguro vos unirá xa que compartides "una misión para o cole".
 
2. ¿CÓMO O FACEMOS,  PROFE?
 
Esta temática é tan ampla, que incluso nos ides a sorprender ás profes. Sodes a nosa gran axuda. De feito, podedes facer as cousas de xeito gradual:
 
 
PASO 1. Imos buscar por riba cousas desa época: escribide máis palabras de coñecementos previos como eu fixen na clase, pero eles o fan na casa tras buscar un conto na biblioteca, ou na casa, ou da Internet.
 
¿Pero escriben xa sós, profe? NON...pouco a pouco. Nun papel poden escribir palabras novas. Poden copialas, ou podedes axudalos un pouco indo letra a letra, ou mellor a través do sonido de toda a palabra, e por analoxía con palabras que eles xa coñecen.
 
Exemplo (SEMPRE EN MAIUSCULA): DAMA (díselles enteira para que a escoiten...a ver se son capaces de identificar xa algún son)
 
DDDDD...de Daniela ..... agora A .....MMMMMMM A, como MAMA ou (MA)RTIN, (MA)RTINA
 
Se se atreven a escribilo sós, e lles falta alguna letra... non vos preocupedes, é un proceso normal na aprendizaxe da escritura. É importante logo que debuxen, para que visualmente se acorden do que pon.
 
 
PASO 2. Imos facer una visita en familia a un Castelo cercano á casa un finde. Soen estar rodeados de preciosos bosques encantados, e agora en outono é una ledicia se o tempo acompaña poder pasear e ver moitas cousas na natureza. Un par de bocatas, e de excursión !  Sacamos un par de fotos, anotamos no correo un par de ideas...e para o USB do cole!! Non dubidedes en dicirme o lugar para publícalo no blogue  ou compartir experiencia con outras familias.
Estas experiencias, de pódelas facer,  son "gratis",  fan moi felices aos vosos fillos e os fan sentir especiais cando o contan no cole. Se xa conseguimos una visita guiada ¡Qué chulada! ou buscando vós a información antes, e contándolla vós ... iso xa sería perfecto ! ¿Sabes para que servía isto? ¿sabes que facian dende esa parte do castelos? ....etc etc.   
 
PASO 3. ¡ Menuda tarde de choiva, e que aburrimento!  Por que non buscamos cousas para decorar o Castelo do cole? Unha vidrieira ? Unha lampada antiga ?  ....

PASO 4. Imaxinación ao poder: montamos un Castelo 3D con material vello da casa? ou con plastilina ? un fantasma cunha sabana vella ? ....

 
Non se pretende que fagades todo á vez...nin traballar tódolos puntos da nota (sería de locos e non queremos un traballo tan técnico). Na nota enviei todos os puntos que rondan todo o que imos ver nestres 4/ 5 meses... ou case todos, porque hai que deixar as portas abertas a aquello novo que eles tamen lles interese indagar. Tamén as profes imos cubrindo os espazos de información que non cheguen ao cole co noso propio traballo elaborado e con outras experiencias docentes.

Como vos puxen, non se busca a excelencia do que chegue ao cole. Teñen 4 /5 aniños , e cada un sabe ata onde o seu pequeno/a lle pode axudar . Búscase a colaboración, que entre todo o que vaian traendo, se vaia conformando a aprendizaxe de todos os nenos e nenas do grupo clase, e tamen do resto das aulas, ¡ que todos teñan algo que aportar e que se sentan últiles no grupo de aprendizaxe!.


Hai tempo, e de seguro que nos habedes de sorprender con cousas que nin a nós se nos ocorrería, e nos fai moi felices.

Usade o correo de aula ante calquera dúbida, incluso se precisades ideas, e lembrade que o importante é apotar un gran. Se dispoñedes de pouco tempo, non vos agobiedes, ...algo sinxelo, e  se tedes algo en mente e hai que esperar, espérase, pero faredes felices aos vosos pequenos.

Moitas gracias e espero ainda aclarar máis dúbidas ou dar ideas con esta entrada.



Ah! E NON SE VOS ESQUEZA ENVIAR A FICHIÑA DO OUTRO DÍA DE NOVO AO COLE.

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.