MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

miércoles, 9 de septiembre de 2015

RESUMO DA REUNIÓN DO 9 DE SETEMBRO DE 2015

¡¡ Benvido novo curso !! Aquí tendes os puntos tratados hoxe na reunión, para que nada se nos esquenza durante o curso:

1. Lembrade cubrir os datos que vos quedan, e quedarvos co resumo. O prazo de entrega dos mesmos, xa que corre un pouco de prisa telos na aula, é o vindero luns 14 de setembro.
 
2. Entrada 9:30 puntuais, e 14:15 saídas. O lugar de entrada e saída é o mesmo, polo patio de 5 anos que vos mostrei ao rematar a reunión. Se alguén chega tarde e atopa as portas cerradas, debe levar ao seu fillo/ a pola entrada do curso pasado, e informar ás compañeiras de apoio nome da profe e aula. NON SE PODE ACCECER AO RECINTO, xa falamos que son cuestións de organización e seguridade para todos os vosos fillos.
 
3. Cambio de patio de recreo: As 12:00 h. estaremos no patio no que entrabamos o curso pasado disfrutando do aire libre e o xogo. Se os vides a buscar para ir ao médico, aí estaremos. Lembrade traer o papeliño de dirección para poder sacalos, e avisádeme coma sempre antes para estar eu pendiente.
 
4. Merendas: intentar seguir o máximo posible a quenda marcada, salvo casos de dieta dos nenos, ou circunstancias especiais familiares nas que non se puidera facer a merenda marcada.   Auga de 30 ou 50 cl. en función do que vexades que beben os vosos fillos, e CO NOME ROTULADO, POR FAVOR. Gracias.
 
5. ROUPA: cómoda porque van ir sós ao baño, na outra punta do pasillo, e eu non vou ir con eles. Evitar "fugas" non usando cordóns na cintura, botón, corchetes,  cremalleras,  petos, ....en inverno, o único complemento a maiores serán sa bufandas, pero evitade as luvas (guantes), gorros, orelleras..etc. Lembrade o que vos expliquei do aula de cambiarse ... Lembrade tamén poñer os nomes á toda a roupa que traían, e tamén ás mochilas para evitar o máximo posible que as cousas se extravíen.
 
6. O correo: DE USO VITAL, para todo. Xustificacións de faltas con DNI, nome do pai/ nai, motivo polo que causou enfermidade, e a ser posible grampado calquer xustificante médico ou copia, receita..etc. Usádeo para dúbidas (na medida da miña posibilidade horaria intentarei respostar), para solicitar citas de titorías...etc.
 
7. Seguimos a usar mandilón, con cinta ben larga (duns 15 cm) para poder colgar.  
 
6. Prégase ter o teléfono mobil activado durante a xornada lectiva
 
7. Non se admite no cole nin a entrega de tarxetas de cumpleanos, nin regaliños individuais en festividades persoanis dos nenos...etc, por motivos de economía nin de diferenciación entre eles. Gracias por entendelo.  
 
8. Procurade que non se colen nas mochilas xoguetes de casa, pois se se perden, non nos facemos responsables. Libros xa sabedes que sempre son benvidos para compartir a lectura na clase.
 
9. Empezamos a rotar a Biblioteca de aula en outubro coa ficha da fin de semana. rematadas as rotacións, intercambiaremos con outras aulas. Lembrade para aquela, rexistrar o estado do libro cada vez que chegue a casa.
 
10. Traede unha foto das vacacións dos nenos tan pronto como podades para poder empezar a traballar.
 
11. Piollos: revisade con frecuencia as cabezas e avisade o ante posible no caso de atopalos para así erradicar un contaxio na aula.
 
12. Celebración común dos cumpleanos de verán
 
 
 
Non esquecer: chándal os venres, xa que é o día de psicomotricidade
Non esquecer: os colgadores identificativos cada mañá para ver o tipo de saídas terán os nenos cada día  (garde, bus, casa, comedor..).


URXENTE: PASÓUSEME DICIR QUE O LIENZO DE ARTE, HAI "LUGARES" ONDE ESTÁN MOI BARATIÑOS. NON QUERO QUE GASTEDES MÁIS DE 3 EUROS POR CADA UN COMO MOITO. MAÑÁ XA VOS CONTO ONDE IR. XA VISTES QUE O QUE TIÑA EU NA AULA DE MOSTRA ERA DUN EURO E ALGO ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.