MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

martes, 18 de agosto de 2015

CADERNO DE BITÁCORA DE 3 ANOS ...

Parece que foi onte, e vai case para un ano, que entre choros, pucheros, nervios, cara de poucos amigos... entrabamos na escola por primeira vez no mes de setembro. Aínda así, houbo algún e algunha valente que saudaba á profe a través da porta de cristal que os separaba, e a verdade é que moitos xa viñades con moitas ganas de empezar o cole de maiores.
































Cando pararon os choros, (que moitos conseguistes moi pronto vir contentos á escola, como valentes) empezaron a pasar cousas ...e pouco a pouco nos demos conta que empezábamos a aprender.

Aprendemos a estar na asamblea e falar por turnos, deixando a todos falar, pero sobre todo aos máis tímidos.  A pasar lista e saber os nomes dos compañeiros, recoñecer o meu grupo e os rincóns que me tocaba cada día, a poñer o mandilón só, a poñer e quitar a miña roupa e colgala ben, a ser ordenado cos xoguetes, co material da aula, ser o mellor capitán de grupo, pero tamén o mellor encargado do grupo - clase, a quitar o CORREO tódolos días e avisar á profe de que tiña nota de papá ou mamá, a saber segundo o día que era que merenda trouxera da casa, a xogar só co que me tocaba cada día, a ir só ao baño e limparme, lavar as miñas manciñas antes de merendar, facer o pis antes do patio para que non se me escapara, poñer a visera os días de sol ... pero sobre todo a querer aos meus compis e á miña nova profe. Saber pedir perdón, non pegar, saber compartir os xoguetes de todos, axudar aos demáis se precisan de min e xogar co máximo de nenos e nenas posible.
 
Tamén pronto nos dimos conta que no cole había máis profes ademáis de Miryam, como Marifé, a profe Lidia e Yessi (que estimos uns meses con nós), a teacher Raquel, a profe Ángeles de Psico. AS profes das outras clases tamen me xudan se o necesito: a profe Rebe das Formigas, a profe Cris dos Elefantes, a profe María José dos Ratiños e a outra profe Cris das Tartarugas. As outras profes do cole tamen nos coidan se as profes se poñen maliñas, e tamen nos queren e nos coidan.    Tamén ás veces está con nós na aula Diana, que nos axuda moito.
 
Pronto tamén empezamos a rirnos moito na clase, porque ás veces a profe nos gasta bromas. Se non a enfadamos, está contenta e nos fai regalos, como traer palomitas de chocolate. Cando alguén dí una cousa graciosa pero que é un pouco de sopresa a profe dí: ¡manos a la cabeza! E todos nos botamos a reir. Dí ¡manos a la cabeza! cando alguén a chama MAMÁ, ou PAPÁ...OU ABUELA!
 
Cando nos dimos conta, ás árbores do patio lles empezou a pasar algo...
 
Follas marróns, amarelas, vermellas .... están caendo. Empeza a facer frío e hai menos luz. Estamos en Outono e se achegan as nosas primeiras festas: o Magosto e mailo Samaín.
 
 COMENDO CASTAÑAS QUENTIÑAS DO MAGOSTO
 
 RECOGIENDO HOJITAS SECAS DEL PATIO
 
 DE VISITA AL CASTIÑEIRO DEL COLE DE MAYORES


¡UNHA CASTAÑA FORA DUN OURIZO!
 
SAMAÍN E OS NOSOS PEQUENOS CABAZOS
 
 
Aínda enfriaron máis as temperaturas, e os máis pequeniños da aula, cumpliron en decembro os 3 anos. Agora todos xa temos o mesmo número de dedos levantados.  

facendo a portada de Nadal - luces de Nadal con xiz

o ximnasio - o lugar de 3 anos para pasar o recreo cando chove

As nosas postaliñas solidarias para o Concello, con pegadas dactilares. Un quilo de comida non perecedera por cada una que se recollía.

Os máis  peques da aula cumprindo en Nadal: Álex, Laura Ramos e Teo.

O noso primeiro Nadal no cole

Os Reis magos nos sorprenderon á volta de Nadal

A volta en xaneiro foi xenial con todo isto ao lado da nosa árbore







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.