MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

martes, 18 de agosto de 2015

CADERNO DE BITÁCORA 3....Cando xuño acaba ben e con progreso

Non hai cousa máis bonita en tres anos, que ver que os nenos se adaptaron ao cole, á súas xentes, ao patio de escola e aos seus amiguitos, pero tamen cando esa sensación de caos do principio  xa desapareceu porque se lograron cousas moi importantes e porque están asumidas normas, organización e rutinas .

Xa non hai choros polas mañás, hai risas, parece que tardan menos en xeral en facer todo ... está claro que 3 anos é un curso de evolución grandísimo a tódolos niveis...pero ...estamos cansos...moi cansos... Levamos 10 meses a pleno rendemento, pero neste tramo final, queda o máis bonito, decorar e por a guinda ao pastel de tres anos e despedirnos sen pena, porque voltamos en setembro...

tras gañar o premio de recompensa dunha tarefa de clase, previo aviso a todos, Roman convertiuse en RAFIKI e foi maquillado pola profe, transformándose nunna das personaxes principais do musical do REI LEON. Á nosa clase toucoulle presentar un traballo sobre arte para colaborar co LIBRO DE AFRICA da BIBLIOTECA do cole

Alba formou parte do grupo de nenos que pintaron esta máscara. Marco, Sara, Efrén, Daniela formaron parte entre outros do acabado.

houbo tamen un día que veu a POLI LOCAL a visitarnos e traernos o furgón, o coche e a moto. Mirade Laura Ro que ven o está a pasar montada na moto cando a sinte acelerar !!!!!!

Rematando, un dos últimos traballos foi este Miró, recreando unha bañista (ou sirena como dixeron eles) con ambiente nocturno

os resultados super bonitos, incluso a figura humana infantilizada no medio do mar, ao propio estilo Miró. Unha das cousas máis importantes, é que xa avanzada moito a noción corporal e a ampliación de elementos no rostro, cando lles dixen que só había que facer un circulo para a cara e uns paus, algún lle pareceu fatal, XA QUE ELES XA SABÍAN DEBUXAR OLLOS, E BOCA, E PESTAÑAS...e que era iso profe de "debuxar tan pouco" a una persoa.....

corredor do cole a finais de curso

SALA NAUTILUS DE ANIMAIS MARIÑOS COAS FICHAS MÁXICAS DA REALIDADE AUMENTADA- AURASMA






PREPARANDO A CARPETA DE ARTE ...SOÍÑOS E TODOS Á VEZ. UN POUCO LOUCURA, PERO O LOGRAMOS

 E ASÍ ...ENTRE UNHAS COUSAS E OUTRAS...O CURSO INICIOU, DESENVOLVEUSE..E FINALIZOU.... XA DIGO....NON SEN ACABAR DÍAS ASÍ DE RENDIDOS...



PERO PAGOU A PENA TANTO CHORO DOS PRIMEIROS DÍAS, ...PARA TER AO FINAL TANTOS AMIGOS QUE NOS QUEREN, NOS AXUDAN E NOS ENSINAN.



Somos unha clase estupenda, e a profe só desexa que este curso que está a piques de comezar de novo sexa igual ou máis feliz que o pasado.

 

De seguro habemos de colmar aos nosos papás e aos nosos profes de moitas satisfaccións.

 

 

SOMOS UNHA COLMENA UNIDA, SOMOS AMARELAS E SACAMOS CON MOITO TRABALLO ALGO DOCE ADIANTE ...

SWEET AND YELLOW,

DOCE E AMARELO COMO O MEL,

QUE É O NOSO LABOR DE CADA DÍA NO COLE...

 

SOMOS AS ABELLAS DO PDB

PARQUE MONTICAÑO XUÑO 2015
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.