MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

martes, 18 de agosto de 2015

CADERNO DE BITÁCORA 3....Cando xuño acaba ben e con progreso

Non hai cousa máis bonita en tres anos, que ver que os nenos se adaptaron ao cole, á súas xentes, ao patio de escola e aos seus amiguitos, pero tamen cando esa sensación de caos do principio  xa desapareceu porque se lograron cousas moi importantes e porque están asumidas normas, organización e rutinas .

Xa non hai choros polas mañás, hai risas, parece que tardan menos en xeral en facer todo ... está claro que 3 anos é un curso de evolución grandísimo a tódolos niveis...pero ...estamos cansos...moi cansos... Levamos 10 meses a pleno rendemento, pero neste tramo final, queda o máis bonito, decorar e por a guinda ao pastel de tres anos e despedirnos sen pena, porque voltamos en setembro...

tras gañar o premio de recompensa dunha tarefa de clase, previo aviso a todos, Roman convertiuse en RAFIKI e foi maquillado pola profe, transformándose nunna das personaxes principais do musical do REI LEON. Á nosa clase toucoulle presentar un traballo sobre arte para colaborar co LIBRO DE AFRICA da BIBLIOTECA do cole

Alba formou parte do grupo de nenos que pintaron esta máscara. Marco, Sara, Efrén, Daniela formaron parte entre outros do acabado.

houbo tamen un día que veu a POLI LOCAL a visitarnos e traernos o furgón, o coche e a moto. Mirade Laura Ro que ven o está a pasar montada na moto cando a sinte acelerar !!!!!!

Rematando, un dos últimos traballos foi este Miró, recreando unha bañista (ou sirena como dixeron eles) con ambiente nocturno

os resultados super bonitos, incluso a figura humana infantilizada no medio do mar, ao propio estilo Miró. Unha das cousas máis importantes, é que xa avanzada moito a noción corporal e a ampliación de elementos no rostro, cando lles dixen que só había que facer un circulo para a cara e uns paus, algún lle pareceu fatal, XA QUE ELES XA SABÍAN DEBUXAR OLLOS, E BOCA, E PESTAÑAS...e que era iso profe de "debuxar tan pouco" a una persoa.....

corredor do cole a finais de curso

SALA NAUTILUS DE ANIMAIS MARIÑOS COAS FICHAS MÁXICAS DA REALIDADE AUMENTADA- AURASMA






PREPARANDO A CARPETA DE ARTE ...SOÍÑOS E TODOS Á VEZ. UN POUCO LOUCURA, PERO O LOGRAMOS

 E ASÍ ...ENTRE UNHAS COUSAS E OUTRAS...O CURSO INICIOU, DESENVOLVEUSE..E FINALIZOU.... XA DIGO....NON SEN ACABAR DÍAS ASÍ DE RENDIDOS...



PERO PAGOU A PENA TANTO CHORO DOS PRIMEIROS DÍAS, ...PARA TER AO FINAL TANTOS AMIGOS QUE NOS QUEREN, NOS AXUDAN E NOS ENSINAN.



Somos unha clase estupenda, e a profe só desexa que este curso que está a piques de comezar de novo sexa igual ou máis feliz que o pasado.

 

De seguro habemos de colmar aos nosos papás e aos nosos profes de moitas satisfaccións.

 

 

SOMOS UNHA COLMENA UNIDA, SOMOS AMARELAS E SACAMOS CON MOITO TRABALLO ALGO DOCE ADIANTE ...

SWEET AND YELLOW,

DOCE E AMARELO COMO O MEL,

QUE É O NOSO LABOR DE CADA DÍA NO COLE...

 

SOMOS AS ABELLAS DO PDB

PARQUE MONTICAÑO XUÑO 2015
 
 
 

Caderno de Bitácora 2. LOGO DE NADAL....

Logo de Nadal, todo empezou a estar máis en calma e organizado. A profe non para de dicir o moito que estabamos a medrar. O cambio de moitos en comportamento, traballo, socialización...foi moi grande.
 
Para coñecernos un pouco mellor, os deberes do Nadal foron facer as páxinas do noso libro de bebés, que empezará a viaxar ás casas dende outubro de 2015. Así, todos vos poderedes coñecer mellor. A verdade que nos enteramos de cousas moi divertidas e super interesantes, xa que ás veces, no cole e na casa semellamos non ser os mesmos nenos. O resultado vai ser moi bonito cando vos chega á casa. Xa veredes!!

MARCO ENSINANDO O SEU TRABALLO DE BEBÉS



O SEGUNDO TRIMESTRE FOI ADICADO AO PROXECTO DA GRANXA. MOITOS DOS NOSOS PAPÁS NOS LEVARON A CASAS DE FAMILIARES OU DE AMIGOS PARA PODER ESTAR EN CONTACTO COS ANIMAIS E ASÍ PODER COÑECELOS DENTRO DO SEU PROPIO AMBIENTE.
 
Así, volvimos á aula con moitos datos sobre moitos animais, sobre todo, da GALIÑA, que foi o animal que lle tocou traballar ás abellas.
 
 
 
 
Temos lembranzas moi chulas subidos a cabalos, dando de comer ás pitas, indo no tractor cos avós pasándoo xenial. E é que á profe Miry lle gusta cando levamos videos tamen, porque moitos de nós non somos igual no cole que na casa. Véndonos fora da escola tamen nos coñecemos mellor.
 
 
 
Aproveitando que cadrou por Entroido, cada grupo escolleu un animal de granxa, e coas blondas nas que se pousan os biscoitos dos nosos cumples, fixemos unas carautas. Mirade que chulas quedaron!
 
 


 
 


Tamen empezamos a estudiar certos cadros de arte, pois pronto chegarían as saídas aos museos, e era necesario empezar a sentir coma un artista.
 
Un cadro representativo foi o do GALO de Joan Miró. A profe quedou soprendida e satisfeita cos nosos resultados, pois había que facelo moi amodiño e prestando moita atención cor a cor.
 
 
Xusto cadrou cerca da eclipse de sol do 20 de marzo, e  houbo que ligou o cadro a unha explicación da profe, quen contou que ese día, como se volve facer case de noite porque o Sol se apaga pola culpa da Lúa, o galo cantaría dúas veces xa que duas veces iría para a cama durmir. Abraiada quedei de que foran capaces de contalo aos papás, xa que un síntoma de que a escola empeza chegar ao corazón é ísto, que o coñecemento cheguen á casa: -Mami, e que hoxe os galos cantan dúas veces porque cren que se fai de día duas veces. - É verdade, as aves son as que máis sofren cos fenómenos astronómicos que teñen ao sol de protagosnista. pero nunca pensei que se quedaran co conto...¡Que extraodinario paso dende setembro e que feliz fan esas pequeñas cousiñas! Esas son as que tamen me gustan que escribades nos correos ou me contedes nas titorías.
 

 
AS practicas de filosofía de pensamento para nenos forman parte dunha das tamtas correntes pedagóxicas que motivan os nosos traballos de aula. O curso que ven, cubrirei o apartado do índice que leva o mesmo nome para que saibades en que consiste. Dende 3 anos, non só é a execución dun cadro ca cor, senon que antes..moito antes e en colectivo, e sentados na asamblea, se fai un traballo dialóxico extenso onde a mestra "tira da lingua e do pensamento dos menos", e sobre todo da imaxinación e as ocurrencias nestas idades. Na arte hai linguaxe verbal e non verbal, icónica, matemática...é una fonte de creatividade, pensamento e lóxica inigualable. Xa vos adiantei cousas no maletín de arte, pero seguiremos no curso que entra ....
 
 
 Chega o Entroido, e con el, mais da metade do curso se está escapando. As nosas caras de bebes cambian día a día case sen que nos decatemos. Xa que a temática xeral do cole será O MAR, decidimos aparcar a idea de ir de animais de granxa en 3 anos e ir de FONDO DO MAR. Deunos moita pena non facer o pasarrúas, pero sendo os peques do cole, con tantos catarros e faltas ao cole, as profes de 3 non nos arriscamos a sair logo de tanto traballo. Pero aquí queda o recordó do gupos que estábamos !! 
 
Xa más maiores, e máis obedientes, chegaron as nosas primeiras saídas. Primeiro á biblio do Concello, onde un neno moi grande lle metía sustos á súa mamá. Nos rimos moito, porque non quería ir para a cama cando a súa mamá lle mandaba ... ¡Contame outro conto! facia como facemos nós cando non queremos ir durmir.
 
que susto!!!
 
 O que máis nos gusta das excursións é ir en bus. Vemos todo moi alto... A verdade que nos portamos moi ben, e nos dous museos nos felicitaron polo noso comportamento.
 
Nun, deixáronos facer de pintores. Foi aí onde Román lle dixo que nos tamen eramos artistas no cole porque sabíamos pintar o Galo de "Mirov" (que debe ser a versión rusa de Miró), jajajaja. Sabemos arte porque somos muy listos las abelliñas, y trabajamos en el rincón de arte !!
E que una cousa moi importante na escola é ter boa imaxe de sí mesmo e do grupo de referencia, e dende logo Román cré moito nas nosas posibilidades!!
 

Pequenos grandes artistas coas profes do Museo de Belas artes


O XIGANTE DE MADEIRRA: con nariz de pataca, moi forte, con pes moi grande ...e ENFADADO!! 


AS MARIÑEIRAS DE LUIS SEOANE


COLOREANDO UN CADRO DE SEOANE AO QUE TITULARON: A PROFE MIRY SENTADA NA ASAMBLEA
  
OUTRA AVENTURA DE MUSEOS:
 
Esta foi no MACUF. A verdade que quedaron moi impresionados de coñecer os irmáns Alberto, Nolberto, Rigoberto ...e ¿quen era o outro? Xa non lembro! Un era o recepcionista do museo, outro era o limpador, outro adicábase a coidar as esculturas...e o outro era o vixiante que nos tivo que vir a abrir as portas cando non abrían.
O peor sen dúbida, foi coñecer a Cornelia, "a filla" da profe Carmen do museo, que se portara mal o día anterior no cole e a nai a tivo que traer con nós. Portouse fatal, fatal! tirou os gusanitos polo museo adiante, púxose a correr cun patinete polo interior e pintou cun rotu a cara dunha escultura. O peor é que lle quixo botar a culpa á profe Miry, pero nós a defendimos...algún case choraba dicindo: MI PROFE NO FUE..FUISTE TÚ....QUE ESO NO SE HACE EN UN MUSEO.
E É QUE NUN MUSEO
 
1. NON SE BERRA
2. NON SE COME
3. NON SE CORRE
4. NON SE TOCAN AS OBRAS
5. NON NOS PODEMOS SEPARAR DO GRUPO
 
 
 

CORNELIA CON NOLBERTO...xa tirara os gusanitos ao chan
 
Chega a primavera, e con ela...o cambio de estación. A profe nos leva aló arriba ao cole de maiores, a una árbore que veremos a diario cando a profe xa non sexa a nosa profe en 1º. A cerdeira en flor foi un dos traballos máis bonitos que fixemos, con palomitas de colorinchos que non comimos xa que lle prometemos á profe non metelos na boca co pegamento. Como obedecimos, a profe un día de merenda de froita nos trouxo palomitas de chocolate...es estaban moi ricas.

O mural imitando a Wharhol quedou moi bonito,  empezaba a decorar o corredor xunto ao novo proxecto: A AUGA.


CERDEIRA EN FLOR

PALOMITAS DE COLORES QUE NO SE COMEN EN CLASE AL TRABAJAR!!

PALOMITAS DE CHOCOLATE

MURAL WARHOL DE CERDEIRA EN FLOR. - CHERRY TREE COLAGE
A PRIMAVERA :

É tempo de sementar...nós prantamos no invernadoiro amorodos (fresas) e tamen de recoller flores do campo para montar os maios.
Todo toca facelo pronto, porque cadra en abril o marca páxinas do Día do Libro, o 15 de maio é o día da Familia e o 17 o día das Letras Galegas...¡ Corre, corre! O curso acaba e queda tanto por facer agora que xa se denfen tan ben estas abelliñas....

marcapáxinas do 23 de abril

prantando amorodos


visitando aos profes que montan o Maio

Yago facendo unha asamblea perfecta!
UN DOS PROXECTOS MÁIS BONITOS SEN DÚBIDA FOI O DA AUGA, ONDE TOCAMOS, OLEMOS, MIRAMOS, ESCOITAMOS.... A AUGA.

Así aprendimos que a Auga NON ULE: a non ser que nós a mezclemos con esencia, ou con café....¿e con Cola Cao? preguntou alguén na aula. Moi boa a pregunta!!

A auga non ten cor...a pesar de que ao principio dicían que era AZUL. Que llo pregunten ao pobre de Romi que como é un lanzado e se atreve a todo, quixo probar das dúas augas...da da profe...e da que nos trouxo Roi de Sorrizo. O que non sabía Romi é que a de Roi traía trampa. transparente era pero....
Como Foi a frase ao escupir? PUAJJJJJJJJJJJJJJ PROFE! Esto está salado.

A auga pode estar Fria ou quente, ou templadiña

A auga cambia de cor se nós lle botamos alguna sustancia. É una MEZCLA

NA auga, hai cousas que FLOTAN, pero hai outras que NON, porque PESAN.

A auga se pode escoitar...cando sae da billa, cando chove....pero tamén cando vai nun río ou no mar.


LAURA MEZCLANDO AUGA CON TÉMPERA

OBSERVANDO O RESULTADO DE MEZCLAR AS CORES PRIMARIAS A TRAVÉS DE PEPEL CONECTOR

CORES FINAIS

A1: TEMPERA    2: ESENCIAS     3: CAFÉ       4 . XIZ (TIZA)

MOMENTO SUPER GRACIOSO DE ROMÁN, QUE CONFIADO PROBA A AUGA PENSANDO QUE ESTÁ DOCE, PERO....... ASÍ SE QUEDOU CANDO O NOTOU. QUE PILLOS  BRYAN E ALBA RÍNDOSE QUE XA O SABÍAN POR ROI!!


ZAIRA ULINDO UNHA DISOLUCION DE AUGA E ESENCIA DE PLÁTANO

OUTRO MOMENTO SUPER GRACIOSO DE MARTINA MACHACANDO A TIZA NUN MORTEIRO. ¡QUE FORZA PARA SER DAS PEQUES DA CLASE!


MARTIN RIOTORTO FACENDO UNHA MEZCLA QUE SE VAI A VER E ULIR: CAFÉ


ROI PREPARANDO A DISOLUCION DE ESENCIA DE PLÁTANO...OU CHUCHES ULÍAN MOITOS!!


CADERNO DE BITÁCORA DE 3 ANOS ...

Parece que foi onte, e vai case para un ano, que entre choros, pucheros, nervios, cara de poucos amigos... entrabamos na escola por primeira vez no mes de setembro. Aínda así, houbo algún e algunha valente que saudaba á profe a través da porta de cristal que os separaba, e a verdade é que moitos xa viñades con moitas ganas de empezar o cole de maiores.
































Cando pararon os choros, (que moitos conseguistes moi pronto vir contentos á escola, como valentes) empezaron a pasar cousas ...e pouco a pouco nos demos conta que empezábamos a aprender.

Aprendemos a estar na asamblea e falar por turnos, deixando a todos falar, pero sobre todo aos máis tímidos.  A pasar lista e saber os nomes dos compañeiros, recoñecer o meu grupo e os rincóns que me tocaba cada día, a poñer o mandilón só, a poñer e quitar a miña roupa e colgala ben, a ser ordenado cos xoguetes, co material da aula, ser o mellor capitán de grupo, pero tamén o mellor encargado do grupo - clase, a quitar o CORREO tódolos días e avisar á profe de que tiña nota de papá ou mamá, a saber segundo o día que era que merenda trouxera da casa, a xogar só co que me tocaba cada día, a ir só ao baño e limparme, lavar as miñas manciñas antes de merendar, facer o pis antes do patio para que non se me escapara, poñer a visera os días de sol ... pero sobre todo a querer aos meus compis e á miña nova profe. Saber pedir perdón, non pegar, saber compartir os xoguetes de todos, axudar aos demáis se precisan de min e xogar co máximo de nenos e nenas posible.
 
Tamén pronto nos dimos conta que no cole había máis profes ademáis de Miryam, como Marifé, a profe Lidia e Yessi (que estimos uns meses con nós), a teacher Raquel, a profe Ángeles de Psico. AS profes das outras clases tamen me xudan se o necesito: a profe Rebe das Formigas, a profe Cris dos Elefantes, a profe María José dos Ratiños e a outra profe Cris das Tartarugas. As outras profes do cole tamen nos coidan se as profes se poñen maliñas, e tamen nos queren e nos coidan.    Tamén ás veces está con nós na aula Diana, que nos axuda moito.
 
Pronto tamén empezamos a rirnos moito na clase, porque ás veces a profe nos gasta bromas. Se non a enfadamos, está contenta e nos fai regalos, como traer palomitas de chocolate. Cando alguén dí una cousa graciosa pero que é un pouco de sopresa a profe dí: ¡manos a la cabeza! E todos nos botamos a reir. Dí ¡manos a la cabeza! cando alguén a chama MAMÁ, ou PAPÁ...OU ABUELA!
 
Cando nos dimos conta, ás árbores do patio lles empezou a pasar algo...
 
Follas marróns, amarelas, vermellas .... están caendo. Empeza a facer frío e hai menos luz. Estamos en Outono e se achegan as nosas primeiras festas: o Magosto e mailo Samaín.
 
 COMENDO CASTAÑAS QUENTIÑAS DO MAGOSTO
 
 RECOGIENDO HOJITAS SECAS DEL PATIO
 
 DE VISITA AL CASTIÑEIRO DEL COLE DE MAYORES


¡UNHA CASTAÑA FORA DUN OURIZO!
 
SAMAÍN E OS NOSOS PEQUENOS CABAZOS
 
 
Aínda enfriaron máis as temperaturas, e os máis pequeniños da aula, cumpliron en decembro os 3 anos. Agora todos xa temos o mesmo número de dedos levantados.  

facendo a portada de Nadal - luces de Nadal con xiz

o ximnasio - o lugar de 3 anos para pasar o recreo cando chove

As nosas postaliñas solidarias para o Concello, con pegadas dactilares. Un quilo de comida non perecedera por cada una que se recollía.

Os máis  peques da aula cumprindo en Nadal: Álex, Laura Ramos e Teo.

O noso primeiro Nadal no cole

Os Reis magos nos sorprenderon á volta de Nadal

A volta en xaneiro foi xenial con todo isto ao lado da nosa árbore