MAYA EMPRENDE O VÓ

MAYA EMPRENDE O VÓ
Maya, a abella da infancia de mamás e papás, a nosa MASCOTA

domingo, 18 de octubre de 2015

PARA NON ESQUECER ESTE INICIO DE CURSO ... E O QUE QUEDA


Estrena a recta final dos cumples de final de ano e inicio de curso, Daniela.

Setembro foi una festa. Voltar ao cole, contar a experiencia da carta e do lápiz á casa ... as fotos do verán e ir escribindo no bloc novo de "Cóntame un conto bonito".

Grandes, morenos, falando mellor ... (falando mellor e moito, vaia panda de maravillosos laricas)...a volta sen choros e a profe encantada con este curso estreado.

Aquí temos á Daniela, co seu biscoito e repartindo SUGUS, como os papás e as mamás nos tempos mozos...Pobriña, que ese día estaba pochiña da barrigola...



FELICES 4 DANI !!

Logo chegou a promesa: O MULTI CUMPLE! Eu non...que cumplía anos durante o curso, pero que hai de aqueles compañeiros/ as que cumprían no verán? Pois lembrando a eses amigos todos que non podían repartir sugus e en homenaxe a "OS DE VERÁN TAMEN CONTAMOS", finalizamos o ciclo de coroas de abella con este amplo grupo de nados nos meses de verán. 24 coroas de abella do ciclo de 3/4 anos. Agora chegan as coroas por estación... Dani estrenou unha de verán.
 
 ¡QUE FELICIDADE TANTAS COROAS DE ABELLA XUNTAS!
 
 

E estrena as coroas de nados en outono, a primeira princesa otoñal...ALICIA !



E por último, unha gran noticia na vida de Zaira, na que todos foron partícipes. Alguén na súa casa cumpriu 0 anos !!!! Felicidades á súa mami, e ao seu papá ...NAIRA chegou ao mundo, e nos encanta o nome porque se parece ao do nosa NAIARA . Xa imos descubrindo cousas dos nomes...Xa alguen dixo.... Le quitaron una A a NAIARA para hacer su nombre ....

Empeza a maxia das letras..e de escribir de xeito funcional,,para algo, para alguén, para expresar unha idea, unha vivencia, unha emoción...ou regalar palabras bonitas.

Creo que entre todos fixemos moi moi feliz á mamá de Zaira, quen recibiu con moita alegría este agasallo das abellas.

¡BRAVO CHICOS! a nosa colmea SI É UNHA PIÑA!






Para rematar, e sen estar relacionado cos cumples, quero dar a miña NORABOA a LAURA RODRIGUEZ....que ainda que pasaron xa semanas, unha entrada do blogue quería facerlla a ela. Pensei que eu daría a sorpresa coas cartas nas casas...pero e que ela nos agardaba cun traballo o dobre de bonito e dun gran esforzo:

¡¡  DEBUXOU NO VERÁN A TÓDOLOS NENOS DA CLASE E Á PROFE MIRY, LLES PUXO UNS SUGUS DE REGALO... E LLOS REGALOR UN A UN.
ESTABAN PRECIOSOS LAURA. FENOMENAL MANEIRA DE APRENDER DEBUXAR PERSOAS. ENCANTOUME A IDEA ... UN BESAZO DA PROFE PORQUE FOI O MELLOR REGALO DE INICIO DE CURSO. TODO UN DETALLAZO E UN GRAN ESFORZO!!
 
BRAVO LAU  !!
 


 
To be continued....
 
As historias continúan...a inda que ás veces poda tardar...sempre chegan as noticias!!
 
ATA A VINDEIRA 

UN XOGO PARA FACER FALAR ... E ESCRIBIR MOTIVADOS



Por certo...rétovos a respostar ás fotos de abaixo desta entrada, xa que a profe tamen anda a facer deberes de castelos... A ver qué cativo/a  mo conta en clase, e terá recompensa no semáforo dos mouchos !!!!
Temos un novo sistema de puntos que a profe Rut argallou xunto con Miry, ainda que todo o valor o ten una imaxe dunha web e a nosa Profe Rut, xa que foi quen nos fixo o SEMAFORO dos mouchos do comportamento, que ainda temos que perfeccionar.

De momento funciona del tal maneira que con bos ou malos comportamentos, a nosa foto sube ou baixa ata chegar ao saquete de recompensas que trouxo a profe Miry. Quen antes chegue ao verde, escolle regalo Que vos conten, que vos conten na casa.....



E agora,  un estupendo xogo para que vos teñan que falar, e me teñan que contar eles tamén a min (darei ventaxa aos máis introvertidos ).  

 
1. ADIVIÑA,  ADIVIÑANZA...     ¿ONDE ESTIVO  A PROFE MIRY?

Pista: o nome da cidade é a mesma que o nome do obxecto que o BUFON CABACIÑAS NOS MANDOU  ATOPAR PARA RESCATAR Á DAMA.
SE NA FOTO TE FIXAS BEN ...
OUTRA PISTA DO LUGAR,
ESTA FOTO TEN
 
 

OLLO !! NOME DO OBXECTO EN GALEGO ... E EN PLURAL  

 SE O ATOPADES, QUE O NENO/A MO TRAIA ESCRITO DA SÚA MAN NUN PAPEL ....

 



2. ¿QUÉ LUGAR DO CASTELO É ISTE E PARA QUE VALÍA?



 




RESPOSTA NUN PAPEL ESCRITO POLO NENO/A: SÓ UNHA PALABRA É SUFICIENTE




3. ¿QUÉ É ISTO?


NOME DO ELEMENTO NUN PAPEL, ESCRITO POLO NENO/A
 
FIN DA PROBA DE RECOMPENSA
 
 
 ¿QUENES SERÁN OS GAÑADORES?

A NOTA DA CASA: QUÉ É O QUE QUEREMOS DE VÓS?


 
Logo deste parón, e por necesidade das cousas o tempo, antes de contarvos o acontecido neste mes de clase, vexo prioritario falarvos un pouco máis da nota dos proxectos enviada o venres.
 
Na titoria do 9 de setembro, non me centrei en falar disto (meteodoloxía dun proxecto), xa que os puntos a tratar eran varios, e sobre todo de carácter organizativo de centro... Máis como vos prometerá daquela, aquí van as puntualizacións, ou explicacións sobre cómo  podedes colaborar, pois sei que isto soe ser campo de dúbidas.

1. TEMPORALIZACIÓN. ¿PARA CANDO, PROFE?

Puxen "dende xa" na nota, pero sen agobios. A resposta exacta é: para cando cada un de vós (familia) poda. Estaremos con esta temática ate case febreiro. Claro que non podemos esperar tanto, xa que necesitamos material co que poder traballar.  Pero a partir de dentro de 1 semana ...podedes ir aportando pouco a pouco.
 
Prefiro que lle adiquedes un pouco máis de tempo, que entregar o que sexa rápido e "por cumprir", que se agradece igualmente xa que calquer esforzó é positivo, pero non é a ideal real. A idea é que pasedes un rato cos vosos nenos, e o que se faga sexa lúdico, tan lúdico que cheguen a clase cunhas ganas espantosas de contárnolo a todos. Será a vosa oportunidade de que vos falen do cole, do que fan e do que saben, xa que de repente, vós sodes outra canle de motivación e de axuda para as cousas do cole. Estaredes de repente metidos como un máis dentro da aula e de seguro vos unirá xa que compartides "una misión para o cole".
 
2. ¿CÓMO O FACEMOS,  PROFE?
 
Esta temática é tan ampla, que incluso nos ides a sorprender ás profes. Sodes a nosa gran axuda. De feito, podedes facer as cousas de xeito gradual:
 
 
PASO 1. Imos buscar por riba cousas desa época: escribide máis palabras de coñecementos previos como eu fixen na clase, pero eles o fan na casa tras buscar un conto na biblioteca, ou na casa, ou da Internet.
 
¿Pero escriben xa sós, profe? NON...pouco a pouco. Nun papel poden escribir palabras novas. Poden copialas, ou podedes axudalos un pouco indo letra a letra, ou mellor a través do sonido de toda a palabra, e por analoxía con palabras que eles xa coñecen.
 
Exemplo (SEMPRE EN MAIUSCULA): DAMA (díselles enteira para que a escoiten...a ver se son capaces de identificar xa algún son)
 
DDDDD...de Daniela ..... agora A .....MMMMMMM A, como MAMA ou (MA)RTIN, (MA)RTINA
 
Se se atreven a escribilo sós, e lles falta alguna letra... non vos preocupedes, é un proceso normal na aprendizaxe da escritura. É importante logo que debuxen, para que visualmente se acorden do que pon.
 
 
PASO 2. Imos facer una visita en familia a un Castelo cercano á casa un finde. Soen estar rodeados de preciosos bosques encantados, e agora en outono é una ledicia se o tempo acompaña poder pasear e ver moitas cousas na natureza. Un par de bocatas, e de excursión !  Sacamos un par de fotos, anotamos no correo un par de ideas...e para o USB do cole!! Non dubidedes en dicirme o lugar para publícalo no blogue  ou compartir experiencia con outras familias.
Estas experiencias, de pódelas facer,  son "gratis",  fan moi felices aos vosos fillos e os fan sentir especiais cando o contan no cole. Se xa conseguimos una visita guiada ¡Qué chulada! ou buscando vós a información antes, e contándolla vós ... iso xa sería perfecto ! ¿Sabes para que servía isto? ¿sabes que facian dende esa parte do castelos? ....etc etc.   
 
PASO 3. ¡ Menuda tarde de choiva, e que aburrimento!  Por que non buscamos cousas para decorar o Castelo do cole? Unha vidrieira ? Unha lampada antiga ?  ....

PASO 4. Imaxinación ao poder: montamos un Castelo 3D con material vello da casa? ou con plastilina ? un fantasma cunha sabana vella ? ....

 
Non se pretende que fagades todo á vez...nin traballar tódolos puntos da nota (sería de locos e non queremos un traballo tan técnico). Na nota enviei todos os puntos que rondan todo o que imos ver nestres 4/ 5 meses... ou case todos, porque hai que deixar as portas abertas a aquello novo que eles tamen lles interese indagar. Tamén as profes imos cubrindo os espazos de información que non cheguen ao cole co noso propio traballo elaborado e con outras experiencias docentes.

Como vos puxen, non se busca a excelencia do que chegue ao cole. Teñen 4 /5 aniños , e cada un sabe ata onde o seu pequeno/a lle pode axudar . Búscase a colaboración, que entre todo o que vaian traendo, se vaia conformando a aprendizaxe de todos os nenos e nenas do grupo clase, e tamen do resto das aulas, ¡ que todos teñan algo que aportar e que se sentan últiles no grupo de aprendizaxe!.


Hai tempo, e de seguro que nos habedes de sorprender con cousas que nin a nós se nos ocorrería, e nos fai moi felices.

Usade o correo de aula ante calquera dúbida, incluso se precisades ideas, e lembrade que o importante é apotar un gran. Se dispoñedes de pouco tempo, non vos agobiedes, ...algo sinxelo, e  se tedes algo en mente e hai que esperar, espérase, pero faredes felices aos vosos pequenos.

Moitas gracias e espero ainda aclarar máis dúbidas ou dar ideas con esta entrada.



Ah! E NON SE VOS ESQUEZA ENVIAR A FICHIÑA DO OUTRO DÍA DE NOVO AO COLE.

 




PARA MAMÁS E PAPÁS...¿QUE SON OS PROXECTOS?

En moitas ocasións se fala agora do traballo por proxectos nas escolas. Trátanse de xiros metodolóxicos que escapan un pouco dos sistemas tradicionais de ensino - aprendizaxe. Aclaremos para comezar que "o proxecto dos castelos" non se trata per se dun proxecto. Digamos que para ser un proxecto, a temática deberá xurdir dos alumnos a través dun suceso nas súas vidas, unha pregunta, una noticia do xornal que lles inquede...Cando un interese xurde dun mesmo, dicimos que a motivación é intrínseca, sae dun...e digamos que as forzas e o empeño que se pon sobre o tema é maior que se a temática é imposta.
 
A temática dos castelos, para ser puristas, non sería un traballo por proxectos senon un traballo dende un CENTRO DE INTERESE...porque o noso corredor do colexio ten unha porta en forma de Castelo e dende aí se escolleu unha temática moi interesante e que da moitísimo xogo (de aí que vaia a durar máis dun trimestre). Neste caso, a motivación vén dende fora, polo que o gran traballo de xerar o mesmo interese que se a temática saira dun neno, recae sobre as mestras. Digamos que transformamos un centro de interese inicial nun proxecto, no momento que comezan a xurdir ideas e cuestións nos propios alumnos.


Para comezar, os proxectos teñen tres funcións: investigar e aprender a investigar, experimentar (con todo o que esto conleva: pensar, manipular...) e sobre todo vivenciar para emocionarse aprendendo.
Xa o dician Benxamin Flanklin, científico norteamericano:

Dimo, e  o olvidarei, enséñamo e o recordarei, involúcrame e o aprenderei.
A gran ventaxa desta aprendizaxe é que se aprende de xeito interdisciplinar: isto é, de todo e de tódalas áreas. A aprendizaxe en Infantil é así..é imposible romper en parcelas o coñecemento. Dise que a aprendizaxe é global, e nisto, un proxecto, un centro de interese... é o mellor dos sistema de apoio á aprendizaxe xa que, se nos paramos a pensar xa non nos Castelos, senon no contexto histórico no que se atopan, as temáticas poden ser diversas: números e dimensións na época, tipo de sociedade e relación sociais entre as diferentes personaxes, profesións, experimentos e inventos da época, comparar tipos de vida de antes e de agora e empezar a traballar o pensamento dos nenos no presente e no pasado (por suposto tamen a nivel de linguaxe) , tipo de escritura, como falaban, que tipo de música había... tipo de arte, tipo de vestimenta.... LETRAS, NÚMEROS,  ARTE, CONSTRUCCIÓNS, DRAMATIZACIÓN DE DIALÓGOS, MEMORIZACIÓN DE CANTIGAS DE AMIGO, DANZA MEDIEVAL, .... Imaxinar que nos movemos no tempo e que podemos descubrir unha época distinta que nos fixo chegar ata aquí... Parece alonxado das posibilidades dos nenos de 4-5 anos ... pero queda por descubrir o máis importante: ATE ONDE NOS VAN A SORPRENDER ELES.
 
QUÉ ACONTECEU NA CLASE NESTES DÍAS:
 
1. A VISITA. (o centro de motivación...comeza o espectáculo da aprendizaxe)
 
Unha personaxe, de momento invisible, o BUFON CABACIÑAS, entrou no corredor do noso cole logo de entrar pola fiestra da aula e deixarnos una carta que ulía a chamuscado (e que nos fixo moita gracia) e unha espada ... e por suposto, unas pegadas de cor verde. Aínda non descubrimos se pisou algún tarro da nosa témpera. (ESE DÍA FOI UN DIA DE RISAS PARA AS PROFES E DE EMOCIÓN PARA ELES, POR TÓDALAS CÁBALAS QUE FACÍAN SOBRE O ACONTECIDO).
 
2. COMEZAN A SAIR AS CHAMADAS IDEAS PREVIAS.
 
Son o conxunto de ideas que os vosos fillos e fillas teñen preconcebidas sobre a temática ...Neste paso, facemos unha recollida de palabras que logo nos servirán para organizar en esquemas de coñecemento.

Na nosa aula de momento, a listaxe foi así cando lles puxen a imaxe dun Castelo especial:

MORCEGO
COCO
PRINCESA/ PRÍNCIPE
RAIÑA/ REI
VAMPIRO
BRUXA / BRUXO
ARMADURA
TEMPLARIO (esta deixounos locas á profe Rut e á profe Miry)
SINAIS QUE INDICAN O CASTILLO (referíanse aos carteis que indican a modo de frecha a dirección do Castelo)
TORRE
CABALEIRO
CASCO
FANTASMA DAS ÁRBORES
GARDAS
CABALOS
CANS DO CASTELO
MAPA

 
3. XURDEN PREGUNTAS, DESEXOS E AFLORA A TEMÁTICA DOS MEDOS...
 
Hai cousas das que non estamos seguros...todo é incertudume (chamámoslle "a chispa" que encende o ánimo de querer saber). Tamén os apuntamos. Tamén nos demos conta que ademáis de personaxes reais, aparecen para eles personaxes que forman parte de medos e que incluso ao nomealos se dín con medo. Isto nos indica que teremos que traballar certas emocións.
 
4. FASE DE BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN OU ELABORACIÓN DE MATERIAL:
 
Ista é na que vos necesitamos a vós, ÁS FAMILIAS... XA LLE DEDICAREI UNHA ENTRADA A PARTE.
 
5. TRABALLOS DE EXPOSICIÓN, COLABORACIÓN...

* Cóntase en colectivo o atopado
* XÉRANSE  HIPÓTESES
* EXPERIMÉNTASE
* ORGANÍZANSE AS IDEAS PREVIAS E SE PULEN AINDA MÁIS
* TRABALLOS DE IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE
* TRABALLOS DE LINGUAXE, ESCRITURA...
* TRABALLOS DE LÓXICA- MATEMÁTICA
* TRABALLOS DE EXPERIENCIAS
*  TRABALLOS DE ARTE
*  AQUELOUTROS A ONDE A IMAXINACIÓN NOS LEVE !!

6. NOVO ESQUEMA DE COÑECEMENTOS NOVOS (FASE EXPERTO)


7. PUNTO E A PARTE DO PROXECTO . AVALIACIÓN FINAL ... ¿QUE FOI O QUE APRENDIMOS?


O traballo por proxectos é laborioso: para as profes pola cantidade de ideas que se xeneran, por pódelas organizar en espazo, tempo e materiais... porque así individualizamos o ensino das propias aulas,  pero tamén para as casas, cando se vos pide axuda. O sabemos ... pero a verdade que é máxico, e o que se aprende é permanente no tempo.

Gracias por colaborar...COMEZA A VIAXE NO TEMPO !!